sábado, 25 de octubre de 2008

¡¡¡ESGUINCE NO CENTRO DO CAMPO!!!


Partido de aburrimento total en Tordoia city, onde o filial "do que abre as portas do ceo" disputou a oitava xornada do campionato regular e onde logrou arañar un punto con certo sabor a vitoria.
O encontro estivo marcado polo xogo continuista e estresante dos tordoienses, quenes non deixaban de regalar a posesión do esférico ós nosos fatigados gladiadores, sen que éstes últimos conseguiran enlazar boas triangulacións de maneira consecutiva. A primeira métade deixou entrever a clara equidade existente entre ambas escuadras, a cal está reflexada na táboa clasificatoria (-tódolós luns en El Correo Gallego), pois San Pedro e Tordoia repartiron o botín de ocasións de gol, que por outra banda foi escaso.
Unha das máis claras do equipo local foi a provocada por un erro de recepción de sons por parte de Nicolás, o que non escoitou o típico grito do cancerbeiro sanpedrista (Toño- míaaa); as oportunidades dos nosos víronse afectadas polo virus que semellan ter os dianteiros, os que tentaban entrar ata a liña de gol para rematar.
No canto da zaga hai que salientar que houbo algúns desaxustes que provocaron malas saídas do porteiro, o que nos primeiros 45 minutos xa tiña que estar nas duchas por mor dunha man clarísima fóra da área, sorte que o árbitro non designou acción punible algunha nesa xogada en concreto.
Rozando o descanso, Jorge, desaparecido en combate, esguinzou o xeonllo esquerdo nunha acción de mala fortuna xa que a lesión produciuse sen ningún axente externo de agresión.
Chegado o pitido "do que marca a imparcialidade", os trocos non se fixeron esperar,pois había que revitalizar a banda esquerda e quén mellor que Diego para darlle unha bocanada de aire fresco ós centrais Lucho e Gonza; Stiven tamén participou nos segundos 45 minutos (despois dun mes de baixa por motivos persoais) e para a ledicia da afección visitante (agradecer a todos aqueles que se desprazan "longas distancias " para apoiar incondicialmente ó noso equipo) logrou o gol que abría o marcador aló polo minuto 50'. Inmediatamente despois do gol, a que se vai convertir na costume da escadra nesta campaña 2008-2009 tomou parte no encontro xa que chegou o desmoronamento no xogo dos roxibrancos e, posteriormente, o tttanto do empate local; 10 minutos máis tarde o gol que daba a volta ó marcador e, nun final de extranas sensacións para o centrocampista Carlos (o que tamén sufriu un esguince no xeonllo, neste caso o dereito), o que deu a asistencia do gol do definitivo empate (obra do pichichi Mosqui) tras marchar do campo, o árbitro designou o remate dos 90m.


Once inicial: Toño (C); Mateo; Gonza; Lucho; Nico; Regueiro; Jorge; Carlos; Mosquera; Anxo; Fede.
Trocos: Diego por Nico; Stiven por Jorge; Moncho por Fede; Darío por Anxo.


-Parte médico: 2 baixas.
Carlos: esguince no xeonllo dererito con posíbel meniscopatía--> 15 días.*
Jorge: esguince no xeonllo esquerdo--> 15 días.*
*Á espera de que baixen sendas inflamacións, facilitaremos máis información na próxima rolda de prensa.
P.D.: a partir da próxima semana incorpórase ás filas do equipo Iago.

Crónica redactada polo inmellorábel periodista Jordi González Rollón.

4 comentarios:

San Pedro F.C. dijo...

ecoooo!!!
q pasa si no se gana no hay comentarios?
Ánimo que de los errores es de donde más se aprende.
Hay plantilla para hacer muchas cosas asi que no os desaniméis y cabeza alzada y p´alante.
Saludos

Anónimo dijo...

Eso pues yo os animo por que ganando o perdiendo hay que ser la misma familia

Nacho dijo...

JORDY... JEORGE...XURXO...JORGE.... firmas con todas las posibilidades..jajaj.. que bueno.. sigue así de bien Xurxo.. pero me gustaría que las crónicas fueran en castellano.. para los que no parlan gallego... no por mi....
VIVAMOS COMO GALEGOS....

allegra23 dijo...

YO COMENTARIA PERO NO ENTIENDO NI LA MITAD ES COMO INTENTAR TEJER UN JERSEY SIN LANA UNA TONTERIA.
NO OS PREOCUPEIS EN EL GRAO CASTELLON HAY UN EQUIPO QUE SE LLAMA IGUAL QUE EL VUESTRO SAN PEDRO SOLO QUE LA DIFERENCIA ES QUE ESTOS PIERDEN SIEMPRE PERO POR ESO NO SE DESANIMAN Y LO SIGUEN INTENTANDO.
AUNQUE HAY DIAS QUE MEJOR QUE SE QUEDARAN EN CASA SON UN DESASTRE.
PERO ESO ES HEREDITARTIO CON EL SUPER EQUIPO QUE TIENE EL CASTELLON PERO BUENO SON ORELLUTS QUE SE LE VA A HACER.
PD: INTENTARON FICHAR A DUMBO PERO NO LLEGABA EL PRESUPUESTO PORQUE SE LO GASTO FABRA