sábado, 4 de octubre de 2008

SAN PEDRO 4 - TRAZO 0 (JUVENILES)


Cinco da tarde: a tensión pálpase no ambiente, os xogadores do San Pedro dispostos a dar o 100% do seu poderío (tanto físico como mental) e o árbitro fai sonar o seu silbato.
O primeiro cuarto de hora do encontro foi de tanteo entre ámbolos dous equipos ata que chegou unha ocasión do equipo visitante, que Toño sacou na mesmísima liña de gol a bocaxarro. Outra ocasión de gol das que dispuxeron os nosos rivais foi propiciada por un mal atrape do noso arqueiro, que detivo a bóla en dous tempos.Chegada a primeira media hora de partido, atopámonos co primeiro gol, obra de Regueiro tras unha xogada de sorte na área pequena, pois o esférico entrou a rañadentes na meta rival.
Tivemos diversas ocasións ó longo dos primeiros 45 minutos, como un remate do motor do noso equipo,Carlos, que se viron recompensadas co gol xa comentado.
Cabe destacar que o árbitro expulsou a un dos xogadores do Trazo C.F., pois éste último sobrepasou as súas limitacións no ámbito verbal, o que a posteriori ocasionou unha leve tangana entre ámbolos dous conxuntos.
O descanso serviu para axustar algúns erros da zaga e para animarnos a sentenciar o encontro na segunda métade, como acontecería máis adiante.
O sol quentaba as nosas facianas cando puxemos o balón en xogo na segunda parte, que foi máis tranquila e apaciguada que a primeira no sentido do control do coiro, pero moito máis inqueda en canto a tarxetas e aberracións contra o árbitro por parte dos nosos compañeiros.
Desta volta, o xogo deparou unha mala noticia para os intereses locais, posto que sufrimos un duro revés tralo segundo cartón amarelo a Gonzalo, un central da antiga escola, dos que xa non quedan...mais este feito non ocasionou moitas complicacións para o noso equipo xa que Jorge regaloulle unha asistencia desde o medio do campo a Mosqui, unha das estrelas do partido, que anotou o gol da tranquilidade de volea espléndida. A continuación chegarían os 20 minutos de Moncho, que comezaron con dúas xogadas persoais (marca da casa) de moito calibre e de osixenación para os nosos defensas, que levaban sufrindo un acoso continuo por parte dos rivais; comentar que as seguintes accións de Moncho non foron moi alagadoras posto que recibiu dúas amarelas en sendas patadas a dous contrarios e na súa saída do campo (camisola fóra, cabeza baixa), da que cabe destacar a tarascada que recibiu o pobre banderín de córner.
Cumprida a primeira media hora da segunda parte, tivemos un libre indirecto a prol nosa na área pequena, o cal malogramos por unha falta de entendemento entre Mosquera e Anxo.
O terceiro gol chegaría nunha xogada aillada, unha falta escorada à dereita que Mosqui lanzou sen reparo ó pao corto do porteiro, quen tragou.
A guindilla do pastel poñeríaa Xurxo, que tras unha xogada desde o centro do campo rematou ca miña perna menos boa.
Gustaríame sacar unha lanza en favor de Gonza e Moncho, posto que querería que xogasen o próximo derby local ante o Xa Chegou,

Alineación inicial: TOÑO;DIEGO; LUCHO; GONZA; MATEO; JORGE; MOSQUERA; CARLOS; REGUEIRO; FEDE; GONZÁLEZ.
Sustitucións: MAURO POR FEDE; ANXO POR GONZÁLEZ; NICO POR DIEGO; MONCHO POR REGUEIRO; SERGIO POR MATEO.
Amonestacións: GONZÁLEZ.
Expulsións por dobre amarela: GONZA; MONCHO.
* Pincha en la imagen para ver mas grande*

Crónica realizada polo periodista de inescrutábeis cualificacións positivas Jorge González Rollón.

4 comentarios:

goNzA dijo...

vaya putada
xo k keria jugar kntra el o xa chegou
pero weno
asi es el futbol
aunke la segunda amarilla
fue injusta
pero el sabado estare animando
komo nadie
AUPAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA SAN PEDROOOOOOOOOOOOOOO!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

grande Gonza asi se comienzan a ganar los partidos y los torneos con compañerismo y siempre queriendo estar

San Pedro F.C. dijo...

Querido Gonza si la 2ª amarilla fué injusta, entonces analiza la 1ª; y también analiza el resto........
Cabeziña ¿ok?
...........de los errores se aprende...
Ánimo

Nacho dijo...

Carlos, a ver si pa la semana nos dais otra alegría tu y tus chikos. Enhorabuena, parece que vais cogiendo la senda del camino adecuado. La pena del partido, es que te va a costar un ojo de la cara el banderín del corner, lo vas pagar caro...jajajajaj